Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xullo de 2002 pola que se autoriza para imparti-las ensinanzas do idioma alemán a Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos (Lugo) a partir do curso 2002-2003.

Coa finalidade de satisface-la crecente necesidade social de coñece-los idiomas europeos, créase polo Decreto 351/1991, do 17 de outubro (DOG do 24 de outubro), a Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos (Lugo) e pola Orde do 30 de outubro de 1991 (DOG do 19 de novembro) autorízase a posta en funcionamento.

Examinado o expediente promovido pola dirección da mencionada escola, polo que solicita a implantación das ensinanzas do idioma alemán, así como os correspondentes informes, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos (Lugo) para imparti-las ensinanzas correspondentes ó idioma alemán. As ditas ensinanzas implantaranse progresivamente, iniciando o 1º curso no 2002-2003, quedando a configuración do dito centro segundo figura no anexo.

Segundo.-Autoriza-la Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Monforte de Lemos.

Localidade: Monforte de Lemos.

Denominación: Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos.

Código: 27016421.

Idiomas: francés, inglés e alemán.