Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Corporación Municipal, en sesión do día 1º de agosto actual, acordou prestar aprobación inicial ó

Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por Interurbán, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este período poida ser examinado e formularse as alegacións que se consideren oportunas. A documentación poderá ser consultada no salón de sesións da Casa Consistorial, das 9 ás 14 horas.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 34.2 da Lei 1/1997 citada, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, acordou suspende-lo outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio nas que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente e que se concretan nas seguintes áreas:

1. Solos urbanos das NN.SS.:

Sanxenxo.

Portonovo.

Vilalonga.

A Granxa.

A Revolta.

Ordenanza NN.SSOrdenanza P. XeralAliñacións e alturasSuspensión

Nº 1Nº 1Non coincidentesSi

Nº 1Nº 1CoincidentesNon

Nº 1Diferente nº 1Si

Nº 2Nº 2Non coincidentes (ver fondo)Si

Nº 2Nº 2Coincidentes (ver fondo)Non

Nº 2Diferente de nº 2Si

Nº 3Nº 3Non coincidentesSi

Nº 3Nº 3CoincidentesNon

Nº 3Diferente de nº 3Si

Nº 4-1Nº 4-ANon coincidentesSi

Nº 4-1Nº 4-ACoincidentesNon

Nº 4-1Diferente de nº 4-ASi

Nº 4-2Nº 4-BNon coincidentesSi

Nº 4-2Nº 4-BCoincidentesNon

Nº 4-2Diferente de nº 4-BSi

Nº 5Si

Nº 8Nº 10Non coincidentesSi

Nº 8Nº 10CoincidentesNon

Nº 9Nº 11Non coincidentesSi

Nº 9Nº 11CoincidentesNon

Nº 10Non existe ordenanza equivalenteSi

Nº 11Non existe ordenanza equivalenteSi

Nº 12Non existe ordenanza equivalenteSi

Nº 13Non existe ordenanza equivalenteSi

1. Solos aptos para urbanizar das NN.SS.

Suspendese o outorgamento das licencias na totalidade deles.

3. Solos non urbanizables das NN.SS.

Suspéndese o outorgamento das licencias na totalidade deles.

De conformidade co disposto no artigo 120.1 do RPU poderanse outorgar licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Sanxenxo, 2 de agosto de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde