Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 30 de maio de 2002, aprobou definitivamente o Plan especial de acondicionamento e saneamento do río Sarela e o seu contorno (treito Santa Isabel-O Romaño) PE-5 bis, promovido polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 173, do día 30 de xullo de 2002, o texto íntegro da normativa urbanística do plan especial definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo