Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 21 de xuño de 2002, prestou aprobación ó avance do plan xeral de ordenación municipal de Sarria, e que se proceda á súa exposición ó público durante o prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

A documentación do referido avance poderá ser examinada na Casa do Concello, de 9 a 14 horas, de luns a sábado, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Durante este prazo as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Sarria, 5 de xullo de 2002.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde