Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (186/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 19 de xullo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación do proxecto de urbanización da actuación que se vai desenvolver no ámbito da área de planeamento específico H3.01, promovido pola xunta de compensación da área de planeamento específico.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o expediente administrativo e o documento que contén a modificación do proxecto

de urbanización, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local e notificalo á xunta de compensación.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sita na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 24 de xullo de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo