Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUÍÑOS

ANUNCIO.

No BOP de Ourense número 165, do día 19-7-2002, publicouse a corrección de erros detectada no número 113, do 20 de maio de 2002 relativa á publicación íntegra das bases para prove-la praza de asistente social/traballadora social contida na oferta de emprego público de 2000.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do Concello, conforme as bases.

Muíños, 30 de xullo de 2002.

Plácido Álvarez Dobaño

Alcalde