Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.160

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección para postos de persoal laboral, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificada polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, pola que se fai pública a relación de excluídos das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 104 (intérprete de linguaxe de signos) do grupo III, que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado pola Resolución do 6 de xuño de 2002 (DOG núm. 114, do 14 de xuño) da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan pública/s a/s lista/s provisional/is para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 104 (intérprete de linguaxe de signos) do grupo III e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral na sesión do día 22 de xullo de 2002, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública no anexo a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos das listas provisionais, da categoría 104 (intérprete de linguaxe de signos) do grupo III, e que emendan a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitiren á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas correspondentes.

Grupo III: 35,62 euros.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG, para a emenda dos erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

Lista ordenada alfabeticamente

Apelidos e nomeNIFBase 1Base 2Base 3Base 4Base 5Base 6Base 7Base 8Total (*)

Calviño Melón, Carolina53114977L0,000

Candal Liñares, Iria46905253L0,000

Carames Sandra, Lista34892866A0,6000,5000,7501,850

Cernadas Rey, Mª Enriqueta32792541S0,000

Flores Vázquez, Montserrat33337404P0,000

Fojo Peña, María77597338F0,7500,750

Gude Marey, Eva Mª46907298V0,000

Pardo Martínez, Sonia53161320V0,6000,7501,350

Pérez Abelleira, Iria Isabel32694722S0,000

Pérez Rodríguez, Mª Eugenia32783048K0,7000,7501,450

Quiñoy Jaspe, Patricia46900139B0,000

Sánchez López, Eva Mª33330989X0,000

Uceira Rey, Eva Rosa32828102H0,000