Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.161

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección para postos de persoal laboral, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, pola que se fai pública a relación de excluídos das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 063 (oficial 1º conductor e outras) do grupo III, que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado pola Resolución do 31 de maio de 2002 (DOG número 112, do 12 de xuño), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan pública/s a/s lista/s provisional/is para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reguladas no artigo 12c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 063 (oficial 1º conductor e outras) do grupo III e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral na sesión do día 18 de xullo de 2002, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública no anexo a esta resolución da relación de aspiranes que foron excluídos das

listas provisionais, da categoría 063 (oficial 1º conductor e outras) do grupo III, e que emendan a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitiren á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas correspondentes.

Grupo III: 35,62 euros.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte á publicacón desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

Lista ordenada alfabeticamente

Apelidos e nomeNIFBase 1Base 2Base 3Base 4Base 5Base 6Base 7Base 8Total

Figueiras Carral, Óscar Luis34259085X0,5000,500

Gayoso Fernández, Antonio00000021K0,000

Gómez Argiz, Manuel33261631C0,000

González Blanco, Enrique35306180F1,5001,500

Martínez González, Emilio34261859R0,7500,750

Ramos Pérez, Fco. Manuel32817797V0,7500,750

Sastre Martínez, José44425163L0,000