Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 26 de xullo de 2002, aprobou inicialmente a modificación puntual (PXOU) do Plan Xeral de Ordenación Urbana nos ámbitos de solo urbanizable non programado números 11 (SUNP-11-Castiñeiriño), 12 (SUNP-12-Lamas de Abade) e 36 (SUNP-36-A Pulleira), redactada polos servicios técnicos municipais.

A modificación ten por obxecto adapta-las determinacións sinaladas nos artigos 137 e 139 do vixente plan xeral para o desenvolvemento das áreas de solo urbanizable non programado SUNP-11, 12 e 36 ós obxectivos do protocolo asinado polo concello e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) o 12 de marzo de 2002, no que se recolle a vinculación destes sectores á promoción de vivendas protexidas e a actuación polo sistema de expropiación.

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde