Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 10 do Plan Xeral de Ordenación Urbana/rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o vintedous de xullo de dous mil dous aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 10 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, sito entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, promovido mediante iniciativa particular pola entidade mercantil Inversiones Playamar, S.L. e subscrito polos arquitectos Castro e Alonso, con visado colexial do 11-9-2001, así como follas de memoria corrixidas nº 30 e 37 e planos 9-bis, 11-bis e 18 bis e estudio básico de seguridade e saúde da mesma autoría e visado colexial do 21-1-2002, planos 2 bis e 3 bis reformados con visado de 18-3-2002 que anulan e substitúen os seus correlativos do proxecto, e anexo ó orzamento (cap. XII xardinería) tamén da mesma autoría, dispoñéndose o seu sometemento á información pública, tendo que estar definitivamente aprobado o proxecto de compensación da citada unidade, previo á aprobación definitiva do proxecto de

urbanización, debéndose achegar previamente os correspondentes oficios de dirección facultativa de arquitecto e arquitecto técnico ou aparellador, debidamente visados, e constituír fianza por importe de 574.392,69 euros, debendo cumprirse na execución das obras unha vez autorizadas estas, as condicións, específicas expostas no informe da Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestructura e Enxeñería de 12-7-2002.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento-rúa Churruchaos, nº 2) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 24 de xullo de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado de Urbanismo

e Medio Ambiente