Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO.

Aprobada definitivamente a delimitación do polígono ou unidade de actuación sito en Fondo de Vila e considerando que de acordo co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente de reparcelación entenderase iniciado ó se aproba-la delimitación de polígono ou unidade reparcelable, a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 22 de xullo de 2002 prestou aprobación inicial ó correspondente expediente de reparcelación.

O que se fai público en virtude do disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997 co fin de que os interesados, e sen prexuízo da súa citación persoal, poidan presenta-las alegacións que consideren opor

tunas no prazo de 20 días contados a partir da inserción do presente anuncio no DOG.

Padrón, 30 de xullo de 2002.

Ramón Rey Rodríguez

Alcalde accidental