Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 45/2001-1550/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 11 de xullo adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 10 do SU-39 entre avda. Santiago

e Camiño Real Cudeiro do PXOU de Ourense, por instancia de Manuel Carrajo Cortes, en representación de Construcciones Hermanos Carrajo, S.A. coa condición de que o solicitante en comparecencia pública, asuma a obriga da conservación, nas zonas de cesión que teñen o aproveitamento baixo rasante, da construcción tanto no referente á estabilidade como á impermeabilización e a transmiti-la dita obriga a posteriores adquirentes.

2. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 10 do SU-39 entre avda. Santiago e Camiño Real Cudeiro do PXOU de Ourense, por instancia de Manuel Carrajo Cortes, en representación de Construcciones Hermanos Carrajo, S.A. cas condicións técnicas recollidas nos informes do Servicio de Enxeñería do 30 de xaneiro de 2002, da enxeñeira municipal da Concellería de Medio Ambiente do 13 de febreiro de 2002, e do Servicio Eléctrico, do 21 de febreiro de 2002, dos que se dará traslado ó interesado.

De conformidade co disposto nos artigos 137, 102 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de xullo de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde