Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA MERCA

ANUNCIO.

No BOP nº 147, do 28 de xuño, procedeuse á publicación das bases de selección de persoal laboral, correspondente á oferta de emprego público do ano 2002, coas seguintes prazas:

Unha praza de oficial de servicios varios, polo sistema de concurso-oposición libre, persoal laboral fixo de novo ingreso.

Por este anuncio convócanse probas selectivas para a cobertura da praza anteriormente descrita, significando que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A Merca, 5 de xullo de 2002.

Manuel Vázquez Outeiriño

Alcalde