Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato. Selección e contratación dunha empresa especializada na actualización e mantemento do catastro de urbana.

2. Prazo do contrato. Ata o 31 de decembro do ano seguinte ó da adxudicación do concurso, prorrogable por anualidades ata un máximo de 4 anos.

3. Prezo do contrato. Os prezos máximos de cada traballo son os que figuran no anexo 1 do prego de cláusulas.

4. Garantías provisional e definitiva. A garantía provisional, para participar no concurso, será de 601,01 A.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva de 1.202,02 A.

5. Proposicións. As proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula X.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula X do prego.

Vilagarcía de Arousa, 4 de xullo de 2002.

Joaquín J. Gago López

Alcalde