Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.110

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio (test).

Na sesión celebrada o día 29 de xullo de 2002, o tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, adoptou o seguinte acordo:

Anula-las preguntas nº catro (4) e dez (10) do cuestionario do primeiro exercicio (test) do proceso selectivo, por non estar correctamente formuladas.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do tribunal