Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.110

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, do tribunal designado para cualifica-los procesos selectivos para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, pola que se modifica o modelo de corrección do exercicio primeiro que foi publicado o 21 de xullo de 2002 no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública.

O tribunal cualificador dos procesos selectivos para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 (DOG nº 89, do 9 de maio) na súa reunión do 31 de xullo de 2002 e una vez vistas as alegacións presentadas o día 29 de xullo de 2002 cos números de Rexistro de Entrada da Consellería de Industria 12.167 e 12.166 o tribunal acorda:

1. Modifica-lo modelo de corrección publicado no taboleiro da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 21 de xullo de 2002 no relativo ás preguntas seguintes:

Na pregunta nº 93, onde dicía: B, debe dicir: A.

Na pregunta nº 96, onde dicía: C, debe dicir: B.

2. Anula-las seguintes preguntas:

Nº 52, debido a que non teñen ningunha resposta correcta.

Nº 58, debido a que está mal formulada e pode dar lugar a varias respostas correctas.

Nº 99, debido a que se repita dúas veces a resposta correcta nas alternativas B e D.

3. Manter como correcta a resposta do resto das preguntas do exame, incluídas as número 33 e 88 ás que foron presentadas alegacións.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Antonio de la Hera Roldán

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA