Presentada renuncia por Manuel Jesús Iglesias Dobarrio como vocal titular en representación das organizacións sindicais do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións, nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 (DOG nº 89, do 9 de maio), esta consellería, de conformidade co establecido na base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo,
DISPÓN:
Primeiro.-Acepta-la renuncia de Manuel Jesús Iglesias Dobarrio como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións.
Segundo.-Deixar sen efecto o nomeamento de Miguel Ángel Cela González, como vocal suplente do dito tribunal, que pasa a se-lo vocal titular en representación das organizacións sindicais.
Terceiro.-Nomear vocal suplente do tribunal, en representación das organizacións sindicais a Antonio Pais Andrade.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública