Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de xuño de 2002 pola que se fai pública a delegación de competencias.

Detectados erros na publicación da Resolución do 14 de xuño de 2002 (DOG nº 127, do 3 de xullo) da Universidade de Vigo, pola que se fai pública a delegación de competencias.

No punto 1, onde di: «b) A sinatura de certificacións supletorias dos títulos.», debe dicir: «b) A sinatura de certificacións supletorias dos títulos propios.». Engadir: «j) As relativas á Oficina de Relacións Internacionais (ORI).».

No punto 2 b), onde di: «As relacións exteriores da universidade e as relativas á Oficina de Relacións

Internacionais (ORI).», debe dicir: «As relacións exteriores da universidade.».

No punto 6 f), onde di: «As da presidencia ou representación no xurado de bolsas do MEC e nos procedementos das bolsas compensatorias da Xunta de Galicia, así como en calquera outra na que se convoquen bolsas para estudiantes.», debe dicir: «As da presidencia ou representación no xurado de bolsas do MEC e nos procedementos das bolsas compensatorias da Xunta de Galicia, así como en calquera outra na que se convoquen bolsas para estudiantes, agás aquelas que dependan doutros vicerrectorados.».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA