Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.072

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE EXCELENCIA TURÍSTICA CONCELLOS DO GROVE E SANXENXO

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística no Grove e Sanxenxo. Mancomunidade do Salnés.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: mellora do contorno da praia de Peralto no Grove (expediente 2006).

Prazo de execución: as obras deberán estar rematadas antes do 1 de novembro de 2002. Acción enmarcada dentro do Plan de Excelencia Turística correspondente á anualidade de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 69.401,18 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do prezo de adxudicación do contrato.

definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística no O Grove e Sanxenxo.

Domicilio: avda. Vilar, 1, baixo. Vilalonga (Pontevedra). CP 36990.

Teléfono: 986 74 49 09.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presentar as ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro do Padroado no domicilio anterior.

Modelo de proposicións: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusulas 12 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas.

Lugar: oficina do Padroado no domicilio anterior.

Data e hora: o día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 17 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos. Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 24 de xullo de 2002.

Telmo Martín González

Presidente do Padroado para o Desenvolvemento

do Plan de Excelencia Turística Concellos

do Grove e Sanxenxo