Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.072

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REAL ACADEMIA DE FARMACIA, SECCIÓN GALICIA

ANUNCIO da provisión de tres vacantes.

Anúnciase a provisión de tres vacantes de académico de número, dúas correspondentes ó grupo de doutores en farmacia e unha ó grupo de doutores en ciencias afíns.

As propostas deberán ser presentadas por tres académicos de número e virán acompañadas dun curriculum vitae do candidato, no que conste ter destacado na investigación, estudio e práctica das ciencias que integran a Farmacia, así como unha declaración de acepta-lo cargo, no caso de ser elixido.

A presentación de propostas efectuarase na Secretaría da Corporación, sita no Hospital de San Roque, rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Jesús Izco Sevillano

Presidente