Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.071

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PRINCIPADO DE ASTURIAS

CÉDULA do 2 de xullo de 2002, do Servicio de Xestión Tributaria, de notificación de débedas tributarias a contribuíntes en paradoiro descoñecido.

Non se puido notifica-los seus débitos ó contribuínte que se detalla a seguir, ben por se ignora-lo seu actual domicilio ben por non ter quedado xustificado que chegase ó seu poder a cédula de notificación correspondente.

En consecuencia, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), procédese a publicar nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Facenda (Oficina de Xestión Tributaria de Gijón, r/ Munuza 2, esquina a San Bernardo, para as notificacións tramitadas pola dita oficina, e edificio administrativo de Servicios Múltiples r/ Coronel Aranda, 2, en Oviedo, para as notificacións tramitadas na oficina de Oviedo e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario) as particularidades referidas a cada un dos ditos contribuíntes. Para o efecto cítase os interesados relacionados a seguir para seren notificados, para o cal deberán comparecer perante a oficina correspondente (tamén citada na relación adxunta), sinalándose que a dita notificación en todo caso producirá efectos legais transcorridos dez días desde o día seguinte ó da presente publicación, así como do anuncio no correspondente BOP.

Transcorrido o dito prazo sen comparecer nas oficinas correspondentes, deberase proceder ó ingreso dos débitos dentro dos prazos fixados no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro.

Se o dito prazo transcorre dentro da primeira quincena do mes, o prazo de ingreso finalizará o día 5 do mes seguinte ou, se este for festivo, o inmediato hábil posterior.

Se o dito prazo transcorre entre os días 16 e último do mes, o prazo de ingreso finalizará o día 20 do mes seguinte ou, se este for festivo, o inmediato hábil posterior.

Os ingresos poderanse efectuar na Caixa do Principado de Asturias, r/ Coronel Aranda, 2, edificio administrativo de Servicios Múltiples, planta Praza Sector Esquerdo, ou a través de entidades colaboradoras en canto ás liquidacións que corresponden á oficina liquidadora de Oviedo.

Os ingresos correspondentes a liquidacións practicadas pola oficina liquidadora de Gijón poderanse efectuar na Caixa do Principado de Asturias, r/ Munuza, 2, esquina a San Bernardo, ou a través de entidades colaboradoras ou, no caso de que o domicilio do contribuínte estea situado noutra Comunidade Autónoma, mediante ingreso na conta nº 0104/0575/95/0172020599 existente no Banco Exterior de España de Argentaria.

Suprímese o xiro postal tributario.

Transcorridos os prazos de ingreso anteriores, esixiranse as débedas por vía de constrinximento.

De non estar conforme coa base fixada na liquidación complementaria, pode promove-la taxación pericial contradictoria que lle outorga o artigo 52.2º da Lei xeral tributaria ou ben interpor, tanto contra a base como contra a liquidación practicada, os seguintes recursos non simultaneables, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte á notificación:

a) Recurso de reposición perante esta oficina cos requisitos esixidos no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

b) Reclamación perante o tribunal económico-administrativo rexional.

Concepto: transmisións patrimoniais. Vehículos usados. Oficina Liquidadora de Oviedo.

Ano: 2001.

Nº liq.: 1446/2001.

Contribuínte e enderezo: Camoiras Alonso, José Luis. Avda. Ponte Romana, Baiona (Pontevedra).

DOC/ano: 10690/2001.

Importe/euro: 142,85.

Oviedo, 2 de xullo de 2002.

Carlos Franco García

Xefe do Servicio de Xestión Tributaria

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN

DE EXCELENCIA TURÍSTICA

CONCELLOS DO GROVE

E SANXENXO