Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a redacción do proxecto básico e de execución, construcción e xestión en réxime de concesión administrativa do aparcamento subterráneo sito no polígono 1 do SUP-5 da Choupana en Santiago de Compostela.

O adxudicatario redactará, así mesmo, o pertinente estudio de seguridade e saúde.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de 12 meses contados desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo, debendo executarse dentro del as operacións reurbanizadoras inherentes á intervención.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela no prazo de 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, Rúa Nova de Abaixo nº 12, local 4, Santiago de Compostela. Tlfno. e fax: 981 59 23 93.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría f.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 26.6º do prego de condicións.

Garantías: provisional: 6.010,12 euros. Definitiva: 4% do orzamento das obras e 90.151,82 euros pola xestión do aparcamento.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello, ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte (non sábado) ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde