Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión Municipal de Goberno o proxecto técnico e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público polo procedemento aberto en vía de urxencia que rexerá na contratación das obras de construcción de centro sociocultural polivalente (3ª fase):

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Rosal.

2. Orzamento base de licitación.

Cento cincuenta mil douscentos cincuenta e tres euros con dos céntimos (150.253,02 euros).

3. Garantías.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 986 62 60 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

5. Requisitos específicos do/da contratista.

Clasificación: categoría b.

Grupo C, subgrupos 4, 5, 6, 7, 8 e 9.

Grupo J, subgrupos 2 e 4.

Grupo K, subgrupo 9.

6. Presentación de ofertas.

En man ou por correo, no Rexistro do Concello do Rosal, ata as 14 horas e durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de presentación fóra do rexistro do Concello do Rosal, deberá informarse fidedignamente o concello con anterioridade á finalización do prazo de presentación de propostas. Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello do Rosal; praza do Calvario, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte ó da apertura de proposicións.

7. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

8. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Rosal, 1 de xullo de 2002.

Jesús Mª Fernández Portela

Alcalde