Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da segunda modificación do Plan Especial de Equipamento Docente e Infraestrutura Viaria do Campus Universitario de Vigo (expediente 6196/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 29 de abril de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual número 2 do Plan Especial de Equipamento Docente e Infraestructura Viaria no Campus Universitario das Lagoas-Marcosende, promovida polo Vicerrectorado de Planificación da Universidade de Vigo e proxectado polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero (expediente 6196/411).

Segundo.-Todo proxecto de obras que afecte as áreas de protección arqueolóxicas delimitadas nese ámbito deberá ter emitido informe antes da súa aprobación, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Notifíqueselles este acordo ós interesados, coa advertencia de que contra el cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Publíquese no BOP e no DOG. Comuníquese á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con cumprimento dos trámites previstos no artigo 48 LSG.

Contra o devandito acordo que pon fin a vía administrativa poderá interpoñerse recuros contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignora o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 14 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo