Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 481 e 482/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 481/2002.

Acta inf. nº 291/02 (I) e (II).

Empresa: Lisados Bergantiños, S.L.

NIF/DNI: B-15358732.

Enderezo: avda. Milagrosa, 30 (Carballo).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.752,54 A.

Expediente nº: 481/2002.

Acta Inf. nº: 291/02 (I) e (II).

Empresa: Gel Betong España, S.L.

NIF/DNI: B-15213184.

Enderezo: Cabo Santiago Gómez, 8-11 (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.752,54 A.

Resumo da acta de infracción:

En virtude de accidente laboral no IES Anxo Casal (A Coruña), comprobouse que na dita obra de construcción non se tiñan adoptado as medidas de seguridade necesarias para evita-lo risco de caída (carecía de plataformas e o cinto de seguridade tiña unha corda de lonxitude superior á altura da que

caeu o traballador), e tampouco dispoñía de planificación preventiva dos traballos.

Vulnéranse os artigos 14, 15 e 16 la Lei 31/1995, do 8 de novembro e artigos 7 e 11 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Aprécianse dúas faltas, unha leve en grao mínimo e outra grave en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 11.4º, 12.6º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 482/2002.

Acta inf. nº 429/02.

Empresa: Proyectos Turísticos e Inmobiliarios, S.L.

NIF/DNI: B-15785249.

Enderezo: avda. do Exército, 8 baixo (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitado o centro de traballo da empresa da referencia, sito en r/ Manuel Piñeiro Pose, 2 (A Coruña), comprobouse que non tiña elaborada a preceptiva avaliación de riscos laborais.

Vulnéranse os artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 3, 4, 5 e 6 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Apréciase falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.1º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 11 de xullo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña