1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.
2. Obxecto.
a) Descrición do obxecto: contratación da subministración dun sistema de localización de unidades móbiles con destino á Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, de acordo cos pregos que rexen para esta contratación.
b) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 15 de decembro.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: douscentos corenta e oito mil euros (248.000,00 euros) IVE e demais impostos incluídos.
5. Garantía provisional.
Non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 40 79.
e) Telefax: 981 54 40 31.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1580
7. Requisitos específicos do contratista.
Non se esixe
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará as catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: 10 horas.
10. Gastos de publicación.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.
Miguel Ángel López Sieiro
Secretario xeral da Consellería de Pesca e
Asuntos Marítimos
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS
LABORAIS