Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (779/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico

que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Raquel Caamaño Formoso, contra Daniel Fernández Vázquez sobre demanda de divorcio número 779/2001 dictouse o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada nesta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 779/2001, por instancia de Raquel Caamaño Formoso, representada pola procuradora Aranzazu Mateo Boedo, pola presente e con entrega das oportunas copias de demanda e documentos que se acompañan, confírese traslado desta e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, por medio de avogado e procurador e conteste á demanda, propoñendo se é o caso, reconvención, baixo o apercibimento de ser declarada en rebeldía e de no facerlle máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste e sirva de emprazamento á parte demandada Daniel Fernández Vázquez, estendo esta cédula na Coruña, 30 de maio de 2002.

Secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA