Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.050

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de xullo de 2002 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 23 de maio de 2002 (BOE do 30 de maio) e, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o decreto da Xunta de Galicia 147/2002, do 11 de abril, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Margarita Colunga Fidalgo, notaria de Muxía, 3ª, para a notaría de Vimianzo (A Coruña).

-Fernando Leal Paraíso, notario de Fabero, 3ª, para a notaría de Monforte de Lemos (Lugo).

-Francisco Manuel Mariño Pardo, notario de Mondoñedo, 3ª, para a notaría de Foz (Lugo).

-Manuel Martínez Rebollido, notario de Lugo, 1ª, para a notaría da Coruña.

-Ramón Mucientes Silva, notario de Vigo, 1ª, para a notaría de Pontevedra.

-Juan Luis Nieto de Magriña, notario de Puente de Domingo Flórez, 3ª, para a notaría de Chantada (Lugo).

-Francisco Javier Pérez-Tabernero Olivera, notario de Cistierna, 3ª, para a notaría de Rianxo (A Coruña).

-Jaime Romero Costas, notario de Ribeira, 2ª, para a notaría de Vigo (Pontevedra).

-Carlos de la Torre Deza, notario de Ordes, 3ª, para a notaría de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais