Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.050

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, pola que se anulan cinco preguntas e se corrixe o modelo de respostas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 30 de xullo de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

-Anula-las preguntas número 13, 19 e 46 da escala de arquivos e as preguntas número 13 e 51 da escala de bibliotecas.

-Corrixi-lo modelo de respostas publicado, dando como correctas a resposta B da pregunta número 5 e a resposta A da pregunta número 11, ambas da escala de bibliotecas.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal