Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave OU/98/075.01 e N/OU/96.4.10.

a) Obra.

1. Acondicionamento da estrada OU-301 Xinzo de Limia-Bande. Treito: Ponteliñares-Ganade.

Clave: OU/98/075.01.

Orzamento: dous millóns setecentos trece mil catrocentos corenta e sete euros con seis céntimos (2.713.447,06 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Acondicionamento da estrada OU-311 da N-525 á Mezquita p.k. 0+000/3+910,316.

Clave: N/OU/96.4.10.

Orzamento: un millón cincocentos vintetrés mil cento trinta e oito euros con oitenta e seis céntimos (1.523.138,86 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no punto a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 80 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Con

sellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta e de 3 meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 constitución e funcionamento da mesa, do prego de claúsulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda