Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 11.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se constitúe a área de coidados cardiolóxicos cirúrxicos do Hospital do Meixoeiro.

O Decreto 37/2001, do 1 de febreiro, de configuración de áreas de servicio compartido en estructuras hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, formula, entre outros fins, procura-lo aproveitamento do potencial dos recursos asistenciais presentes nos hospitais públicos, co obxecto de optimiza-la calidade da asistencia sanitaria prestada.

A publicación do devandito decreto crea un novo marco de actuación que permite a aplicación de técnicas que optimizan a asignación de recursos, axi

lizan o acceso ós servicios e melloran a satisfacción dos cidadáns, intregrando funcionalmente, neste caso, as unidades de alta especialización e complexidade do Instituto de Medicina Técnica no Hospital do Meixoeiro, centro hospitalario público dependente do Servicio Galego de Saúde.

Levarase a cabo paulatinamente o cambio da cola de programación desde Povisa ó Hospital do Meixoeiro, mediante o traslado das historias clínicas dos pacientes desde o devandito instituto. O Servicio de Admisión do Hospital do Meixoeiro abrirá a historia ou introducirá na historia preexistente, segundo proceda, toda a documentación achegada, incluíndo na súa lista de espera ós pacientes coa data que figure no anexo de inclusión de Povisa.

A integración dos recursos asistenciais existentes co fin de lograr unha atención integral, eficiente e continuada, é un criterio básico de xestión no eido da sanidade pública. Por isto cómpre que o Sergas se beneficie do traballo simultáneo e coordinado de ámbalas dúas institucións mediante a constitución dunha área de servicio compartido para as prestacións propias dos coidados cardilóxicos cirúrxicos.

Por todo isto, ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 37/2001, do 1 de febreiro, de configuración de áreas de servicio compartido en estructuras hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, elaborado o plan asistencial desta área de servicio compartido polo xerente do Hospital do Meixoeiro, e unha vez emitido informe favorable da División de Asistencia Sanitaria do 12 de xullo de 2002,

RESOLVO:

Artigo único.-Constitúese a Área do Servicio Compartido de Coidados Cardiolóxicos Cirúrxicos do Hospital do Meixoeiro, nomeando a directora operativa do devandito hospital como coordinadora asistencial da devandita área.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA