Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

Faise público que a Corporación Municipal en sesión levada a cabo con data do 8 de xuño de 2002, acordou:

1. Desestimar doce das alegacións presentadas (que constan no expediente) contra o acordo inicial para expropiación dos terreos afectados no Proxecto de Saneamento e Abastecemento de Macadín (Moreira), estimando soamente a presentada por Gumer

sinda Rodríguez Domínguez. Na súa consecuencia préstase aprobación á relación definitiva de bens e dereitos que se van expropiar cunha superficie de ocupación de 20.589 m; superficie total de servidume que se vai expropiar: 6.973 m; prezo total da expropiación 6.286,29 euros, segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro técnico municipal e acordándose a declaración da necesidade da ocupación.

2. Desestima-la alegación presentada por Gloria e Carmen Porto Fortes, contra o acordo inicial para expropiación dos terreos afectados no Proxecto de Saneamento e Abastecemento de Macadín-Moreira (Zona de Regato da Venda). Na súa consecuencia préstase aprobación á relación definitiva de bens e dereitos que se van expropiar (ocupación e servidume); lonxitude da tubaxe dentro do predio: 80 ml; superficie de ocupación temporal: 480 m; superficie de ocupación: 160 m; prezo total da expropiación: 3.200 euros, segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro técnico municipal e acordándose a declaración da necesidade da ocupación.

3. Así mesmo acordouse elevar ambos expedientes á Xunta de Galicia para a declaración da urxente ocupación.

Ponteareas, 19 de xuño de 2002.

Juan Carlos González Carrera

Alcalde accidental