Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PEROXA

ANUNCIO.

Por acordo plenario do 18 de xullo de 2002 aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación por concurso das obras de:

* Rede de sumidoiros Carballedo-Graíces (obra nº 222/8/02 POL 2002).

* s/n Ponte Peares (obra nº 247/8/02 POL 2002).

* Camiño acceso a Corneda (obra nº 52/1/02 Plan Base 2002).

Os cales se expoñen ó público durante o prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúncianse concursos públicos polo trámite urxente, se ben, as licitacións aprazaranse cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Pleno Municipal Concello da Peroxa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto dos contratos. Descrición:

1. A execución da obra rede de sumidoiros Carballedo-Graíces segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución 3 meses.

2. A execución da obra s/n Ponte Peares segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Arias Durán. Prazo de execución 3 meses.

3. A execución da obra camiño acceso a Corneda segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

1. Obra de rede de sumidoiros Carballedo-Graíces, o orzamento xeral e tipo de licitación ascende á cantidade de 57.000 A.

2. Obra de s/n Ponte Peares, o orzamento xeral e tipo de licitación ascende á cantidade de 132.223 A.

3. Obra de camiño acceso a Corneda, o orzamento de execución de contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 43.348 A.

5. Garantías:

Provisional: será do 2% do orzamento xeral.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Peroxa. b) Domicilio: A Peroxa. c) Localidade: A Peroxa, C.P. 32150. d) Teléfono: 988 20 66 14. e) Fax: 988 20 66 19. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Para a obra rede de sumidoiros Carballedo-Graíces: non procede.

Para a obra s/n Ponte Peares, B-1, categoría d.

Para a obra camiño acceso a Corneda: non procede.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte da citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19 de cada prego.

c) Lugar de presentación: Concello da Peroxa.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello da Peroxa. b) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos do anuncio:

Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios das obras.

A Peroxa, 19 de xullo de 2002.

Manuel Seoane Rodríguez

Alcalde