Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía de data 22-7-2002 e do disposto nos artigos 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra:

1. Obxecto: pavimentación de accesos nos barrios da Faxarda, San Miguel, rúa Paco Lanza e área recreativa de Santa Cruz.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: sesenta mil cento un euros con vinteún céntimos, con cargo á partida orzamentaria 2002/511/601.

6. Prazo de execución: seis meses.

7. Fianza provisional: 2% tipo de licitación.

8. Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación.

9. Clasificación: non é precisa.

10. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos da cláusula 12ª do prego

de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas, de luns a venres.

11. Modelo de proposición.

D...., con domicilio en..... CP...., e con DNI nº....., expedido en..... en nome propio (ou en representación de..... como acredito mediante.....) informado do expediente de contratación mediante concurso por procedemento aberto das obras de pavimentación de accesos nos barrios da Faxarda, San Miguel, rúa Paco Lanza e área recreativa de Santa Cruz. Anunciadas no BOP de Lugo, número.... de data..... e no DOG número..... de data..... participo no concurso comprometéndome á realización delas de acordo co proxecto técnico e pregos de cláusulas administrativas xerais e particulares e prescricións técnicas que acepto íntegra e incondicionalmente no prezo de..... en letra e número (IVE incluído) conforme os criterios seguintes..... e ofrecendo as melloras e modificacións que se especifican no documento adxunto, que serán gratuítas para a entidade local.

12. Apertura de proposicións: realizarase pola mesa de contratación no salón de sesións da corporación, segundo a cláusula 15 do prego, ás 12 horas do día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de plicas sempre que sexa hábil e de luns a venres.

Ribadeo, 22 de xullo de 2002.

José Duarte Díaz

Alcalde accidental