Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde no referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, coa excepción do persoal veterinario de Saúde Pública.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 117, do mércores 19 de xuño de 2002, cómpre face-la oportuna rectificación.

Na páxina 9.399, onde di «CENTRO DE DESTINO: SERVICIO DE LABORATORIO DE SAÚDE PÚBLICA (VILAGARCÍA)» debe dicir «CENTRO DE DESTINO: SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE (VILAGARCÍA)».