Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento electromédico con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (SCS.-32/2002) (23 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax: 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3.a) Lugar de entrega da subministracións: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento electromédico (23 lotes).

-Orzamento total: catrocentos dous mil catrocentos cincuenta e tres euros IVE incluído (402.453 euros); desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2002: 263.273 A.

2003: 139.180 A.

LoteDescriciónAnualidade 2002 (A)Anualidade 2003 (A)

1Equipamento electromédico div. servicios10.170

2Guindastres mobilización pacientes19.830

3Monitores presión arterial9.025

4Lavacuñas desinfección28.000

5Electrocardiógrafos10.200

6Equipamento hidroterapia9.400

7Equipo presoterapia1.800

8Equipamento termoterapia2.250

9Cinta de esforzos6.900

10Lámpadas cirúrxicas14.420

11Mesa de partos26.000

12Aspiradores eléctricos4.200

13Accesorios nednatoloxía2.620

14Desfibrilador8.500

15Equipo anestesia30.000

LoteDescriciónAnualidade 2002 (A)Anualidade 2003 (A)

16Equipamento diverso nednatoloxía108.800

17Respiradores volumétricos48.000

18Respirador CPAP12.000

19Respirador de transporte10.000

20Cardiotocógrafos23.000

21Accesorios endoscopia11.400

22Negatoscopios uso xeral2.638

23Colchón antiescaras3.300

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 45 días.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 10-9-2002.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 17-9-2002.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 14 e 15 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2003.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de espe

cificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no DOCE do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 26-7-2002.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos