Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma galega (SCS.-27/2002) (7 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax: 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3.a) Lugar de entrega da subministración: varios centros de saúde da Comunidade Autónoma galega.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento (7 lotes).

-Orzamento total: un millón cento oitenta e dous mil seis euros IVE incluído (1.182.006 euros); desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2002: 129.094 A.

2003: 1.052.912 A.

LoteDescriciónAnualidade 2002 (A)Anualidade 2003 (A)

1Mobiliario xeral16.758250.295

2Cadeiras7.620191.403

3Mobiliario clínico12.453167.696

4Aparellos sanitarios33.333335.898

5Autoclaves3.30529.745

6Desfibriladores37.57552.605

7Electrocardiógrafos18.05025.270

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 30 días.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 10-9-2002.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 17-9-2002.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 14 e 15 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2003.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no DOCE do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 26-7-2002.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos