En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.
3. Obxecto do contrato, número CPA.
Concurso: 134/2002.
Servicio de limpeza do Centro de Especialidades do Ventorrillo e da Lavandería da Grela.
4. Data de adxudicación do contrato: 26-6-2002.
5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Ofertas recibidas: sete.
7. Nome e enderezo do provedor ou provedores.
Lote nº 1: Ramel, S.A.; Travessera de Gracia, 278-280; 08025 Barcelona (España)
8. Prezo unitario:
Lote: 1.
Adxudicatario: Ramel, S.A.
Importe adxudicado: 361.440.
Total c. 134/2002: 361.440.
9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación.
10. Outras informacións.
11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia.
BOE: 30-4-2002.
DOCE: 27-4-2002.
DOG: 23-4-2002.
12. Data de envío deste anuncio: 8 de xullo de 2002.
13. Data de recepción deste anuncio.
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.
3. Obxecto do contrato, número CPA.
Concurso: 135/2002.
Servicio de limpeza do Hospital Marítimo Oza.
Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica achegado na documentación facilitada.
4. Data de adxudicación do contrato: 26-6-2002.
5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Ofertas recibidas: oito.
7. Nome e enderezo do provedor o provedores:
Lote nº 1: Valenciana de Limpiezas, S.A.; r/ Illas Canarias, 20 baixo C; 46023 Valencia (España).
8. Prezo unitario:
Lote: 1.
Adxudicatario: Valenciana de Limpiezas, S.A.
Importe adxudicado: 864.000.
Total c. 135/2002: 864.000.
9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación.
10. Outras informacións.
11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:
BOE: 30-4-2002.
DOCE: 27-4-2002.
DOG: 23-4-2002.
12. Data de envío deste anuncio: 8 de xullo de 2002.
13. Data de recepción deste anuncio.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso administrativo, no prazo
de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 1 de xullo de 2002.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña