Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de inicio de expediente sancionador 18/2002 a Herminia Losada Fernández.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente san

cionador 18/2002, seguido de oficio, contra Herminia Losada Fernández, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a domicilio habitual e permanente. Expediente LU-85/110, conta 34.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador 18/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/110, conta 34, adxudicada a Herminia Losada Fernández, rúa San Eufrasio, 18-20 - 2º C de Sarria (Lugo) e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data do 15 de abril de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección 460/2002.

2. Con data do 25 de abril de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento do adxudicatario solicitado ó Concello de Sarria.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Unión Eléctrica Fenosa.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa TEDESA.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 2 de maio de 2002 certificado do Concello de Sarria, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrita a titular e na vivenda non figura inscrita ningunha unidade familiar.

-Con data do 20 de maio de 2002 certificación de consumo de auga remitido pola empresa TEDESA, indicando as lecturas bimestrais do contador que o consumo durante os últimos meses é practicamente inexistente.

4. O artigo 5, punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe una infracción grave.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación do presente acordo para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no punto e), 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunto responsable Herminia Losada Fernández, podendo corresponderlle unha sanción de 601,02 ata 3.005,06 euros de multa, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o considerado nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación acorda:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Herminia Losada Fernández, como presunta responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Jesús Rodríguez Anllo, auxiliar administrativo da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para achega-los interesados cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíquese ó interesado, entendendo en todo caso como tal o inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 13 de xuño de 2002.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo