Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 040/02C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estime pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expediente remitiránselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 28 de xuño de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 040/02C.

Denunciado: Camilo Rodríguez Rodríguez.

DNI: 34970814.

Último enderezo coñecido: Vilar de Condes-Carballeda de Avia-Ourense.

Feito probado: transportar no vehículo marca Citröen, modelo Berlingo, matrícula OU-1537-V unha escopeta marca PR, calibre 12, pasaarela, número 154166, montada e desenfundada, aínda que descargada.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.33º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 A.

Instructora: Míriam Areal López.