Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 24 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 17/2002 ELA, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do seu contido, a resolución do expediente sancionador nº 17/2002 ELA, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 24 de xuño de 2002.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: nº 17/2002 ELA.

Denunciado e último enderezo coñecido: José Varela González, propietario de Prepizzas Hechizo, sito en Botos, 11, concello de Lalín.

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido:-Artigo 2.2º.2. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 3, punto 2º e artigo 12 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.-Capítulo I punto 1º, punto 2º c), punto 4º, punto 8º.8; capítulo II punto 1º a), b), c), f); capítulo V a), b) e capítulo X do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Precepto sancionador: artigo 35 a) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.

Sanción imposta: 300 euros.