Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 4 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 7 de maio de 2002 dictada no expediente sancionador LU-1/2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona, a resolución da delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-1/2002, incoado ó titular do establecemento de restaurante denominado O Camiño, situado na rúa Calvo Sotelo nº 211 do concello de Sarria (Lugo) xa que, intentada polos medios habituais non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: LU-1/2002.

Denunciado: Fernando Díaz Piñeiro.

Establecemento: restaurante O Camiño.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo, nº 211.

Localidade: Sarria.

Precepto infrinxido: artigo 86.5º da Lei 9/1997.

Resolución: 7 de maio de 2002.

Sanción: trescentos sesenta euros (360 euros).

Lugo, 4 de xullo de 2002.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo