Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/242-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento políg. industrial Rodeiro I.

Situación: concello de Rodeiro.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 144 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o centro de seccionamento nomeado políg. industrial Rodeiro II ata o centro de seccionamento que se proxecta denominado políg. industrial Rodeiro II, no concello de Rodeiro. Centro de seccionamento cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra