Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/243-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36201 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. Cooperativa Armadores-Porto Pesqueiro.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 170 m de lonxitude, desde o empalme coa liña actual á altura do pavillón de empaque ata empalmar coa liña actual na parte trasera do pavillón de empaque, no Porto Pesqueiro, do concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra