Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Marzán-Subida a San Vicente.
Situación: concello do Rosal.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. Oia-Baiona ó C.T. Marzán, para reformar, ata o novo C.T. que se proxecta na subida a San Vicente-Marzán, no concello do Rosal, de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 18 de xuño de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra