Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.925

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se anuncia a data, a hora e o lugar no que terá lugar o segundo exercicio.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2002 o tribunal designado polas ordes da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 25 de decembro) e da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 15 de xaneiro do 2002 (DOG nº 17, do 23 de xaneiro), modificadas pola Orde do 24 de xaneiro de 2002 (DOG nº 51, do 12 de marzo) para xulga-lo proceso selectivo correspondente á categoría 3 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1.b), que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 24 de setembro na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 17 horas, e os opositores deberán estar alí presentes ás 16 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.

Mª José Pérez Dafonte

Presidenta do Tribunal IV-A