Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.924

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de corrección de erros do convenio colectivo da empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa).

Visto o expediente correspondente ó acordo de corrección de erros do convenio colectivo da empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-7-2002, subscrito en representación da parte económica por Emesa, e da parte social polo comité de empresa o día 12-3-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depó

sito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xullo de 2002.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na cidade da Coruña, ás 12 horas do día 12 de marzo de 2002, no domicilio social da empresa Elaborados Metálicos, S.A., sito na rúa Newton, s/n, reúnense os membros da comisión negociadora do convenio colectivo de Emesa, para os anos 2001/2002, intervindo as persoas que se relacionan a seguir:

Pola representación empresarial:

Luis Prieto Moralejo: 11652428-F.

Javier De Meer De Ribera: 50395985-H.

Lino H. Fojo Arias: 32602761-P.

Javier Wirtz Molezún: 32365847-V.

Juan L. Doldán Vázquez: 76344058-C.

Josefa Seijo Vázquez: 32414577-X.

Polo comité de empresa:

Manuel Becerra Pan: 32342288-X.

José Esmorís Boquete: 32412765-S.

José L. Codesido Romero: 32312411-X.

Ángel Moncada Ochoa: 32419776-B.

José L. Pazos Añón: 32410741-S.

Emilio Sanmartín López: 32384082-J.

Antonio Lage Otero: 32404484-Z.

Floro F. Seoane Iglesias: 76476445-L.

Francisco Parcero Sande: 32375608-A.

A comisión toma o seguinte único e unánime acordo:

Acordo único.-Observado erro na redacción do artigo 29.1º a) do vixente convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A. para os anos 2001 e 2002, eméndase mediante a súa nova redacción, do seguinte teor literal: «Consolidarase como complemento persoal, non absorbible nin compensable, a cantidade percibida polo concepto de antigüidade na data de entrada en vigor deste convenio. A todo aquel traballador que cumpra un trienio entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 30 de xuño de 2002, ambos inclusive, seralle recoñecido como complemento persoal».

En virtude do recoñecemento da mutua capacidade e lexitimidade, ámbalas partes acordan remiti-lo

actuado á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, co fin de solicitar que se proceda ó seu rexistro e publicación.

E ás 12 horas e 10 minutos da data anteriormente sinalada, levántase esta acta.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA