Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 12 de xullo de 2002 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Fene, O Incio, Taboada e Maside.

Polo Decreto 69/2002, do 22 de febreiro (DOG nº 51, do 12 de marzo), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Fene, O Incio, Taboada e Maside.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Edificio de baixo e unha planta que ten unha superficie aproximada de 120 m por andar, que ten unido na parte posterior do edificio unha pequena edificación de 30 m aproximadamente. O conxunto construíuse sobre un soar duns 222 m, producto de 10 m de fronte por 22 m de fondo, situado no lugar de Vilanova, hoxe avenida Doutor Sixto Mauriz, nº 25, da vila e municipio de Fene (A Coruña). Estrema: norte, Flora Corbeira Balado; sur, José María Vilar Rodríguez; leste, María del Carmen Martínez; e oeste, camiño veciñal de Perlío a Lavandeira.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 389, libro 65, folio 89, predio nº 6.482, inscrición 3ª.

2. Edificio de planta baixa e alta que ocupa aproximadamente 125 m do soar sobre do que se asenta duns 350 m, situado na marxe da estrada de Bóveda ó Incio, hoxe rúa Bóveda nº 10, da vila e termo municipal do Incio (Lugo), estrema: norte, coa expresada estrada en liña de 12 metros; sur, propiedade de Valentín Gallego Cando; leste, máis de Antonino Rodríguez Vázquez; e oeste, soar en construcción de vivenda de Ramón Maceda.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 415, libro 62, folio 49, predio nº 6.357, inscrición 1ª.

3. Edificio de planta baixa e alta de 80 m por andar, aproximadamente, que ocupa a totalidade do seu soar, que forma un rectángulo de 10 m de fronte por 8 de fondo, aproximadamente, no lugar de Campo da Feira, hoxe rúa Insuas, nº 38 da vila e municipio de Taboada (Lugo). Estrema: fronte ou oeste, campo da feira e estrada de Rubián a Palas de Rei, hoxe praza de Muñelos; dereita entrando ou sur, lavadoiro público a tres metros de distancia, hoxe terreo municipal; esquerda entrando ou norte, edificio escolar a oito metros e dez centímetros, hoxe escaleiras de acceso ó centro de saúde; e fondo ou leste, predio dos herdeiros de Concepción González Ramos, con valo divisorio que queda á distancia de dous metros, hoxe predio de Carlos Rosado e Daniel Muniz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 705, libro 111, folio 185, predio nº 15.768, inscrición 1ª.

4. Edificio de planta baixa e alta de 125 m por andar aproximadamente, construídos sobre soar de 208 m de superficie, que forma un rectángulo de 13 por 16 metros, no lugar de Campo da Feira, hoxe rúa Rodríguez Soto, nº 30, da vila e municipio de Maside (Ourense). Estrema: norte, bens de propios, hoxe rúa Rodríguez Soto; sur, bens de uso público, hoxe terreos municipais; leste, máis terreo municipal; e oeste, bens de propios, hoxe rúa Tras do Matadoiro.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Carballiño no tomo 477, libro 64, folio 123, predio nº 7.052, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda