Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.923

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 248/2002, do 18 de xullo, polo que se dispón o nomeamento de tres representantes do Consello Social da Universidade de Vigo.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan o número de membros que compoñen o Consello Social da universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a designación de Domingo Docampo Amoedo como rector, Mª Teresa Iglesias Randulfe como secretaria xeral e Augusto Viso Alonso como xerente, polo que debe procederse ó seu nomeamento como membros do Consello Social desa universidade en representación da Xunta de Goberno, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da mencionada Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da universidade e do Consello Universitario de Galicia, os documentos preceptivos por parte dos novos membros designados de non incorrer en incompatibilidades.

Por todo iso, por instancia da Universidade de Vigo, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xullo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear como membros do Consello Social de Universidade de Vigo a Domingo Docampo Amoedo, Mª Teresa Iglesias Randulfe e Augusto Viso Alonso, en representación da Xunta de Goberno. Do mesmo xeito, agradécenselle-los servicios prestados a Margarita Estévez Toranzo e Julio Taboada Pérez, que cesan.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de xullo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria