Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.925

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administracción da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 24 de xullo de 2002, o tribunal designado pola Orde do 23 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administracción da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Detectados erros nas preguntas nº 21 e 77 do primeiro exercicio da fase de oposición, que poderían condicionar de xeito importante a contestación destas, e para garantir que na dita proba se poñan de manifesto, en todo caso, as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, o tribunal acordou declaralas anuladas e ter como non postas as preguntas anteriormente indicadas.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal